A CORUÑA, 22 Dic. (EUROPA PRESS) -
O número 41.716 resultou agraciado co sétimo do oito quintos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 60.000 euros á serie.
O número foi cantado ás 13.25 horas no oitavo arame da novena táboa e do mesmo vendeuse unha serie na cidade de Ourense. Pouco despois cantouse o último quinto premio, aínda que sen que tocase en Galicia.
Os premios do Sorteo Extraordinario de Nadal 2025 comezaranse a abonar desde a tarde do 22 de decembro, cando finalicen tanto as verificacións dos números extraídos como os procesos informáticos, como é habitual, e até o 23 de marzo de 2026.
Se os premios son inferiores a 2.000 euros por cada décimo ou resgardo, pódense cobrar exclusivamente nun dos 10.869 puntos de venda da rede comercial de Lotarías, a partir da tarde do 22 de decembro.