SANTIAGO DE COMPOSTELA 15 Mar. (EUROPA PRESS) -
O decreto que obriga os arrendadores de predios en Galicia (tanto particulares como empresas, administracións públicas e entidades) a depositar as fianzas dos alugueres no Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) entrará en vigor a principios de abril, segundo o decreto publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) este martes.
As fianzas deberán depositarse no prazo máximo dun mes dende a sinatura do contrato, e devolveranse cando este se extinga. A fianza terá unha contía que varía segundo o tipo de contrato.
Así, os alugueres de vivenda por un ano ou máis deberán entregar unha mensualidade; os doutros usos, dúas mensualidades, así como os de industria ou negocio; os alugueres de vivenda menores a un ano, a parte proporcional de dúas mensualidades; e as fianzas de suministración e servizos será o esixido pola empresa subministradora.
Non obstante, existirá un réxime de concerto que funcionará a través de liquidacións anuais, no que os titulares do concerto depositará un 90 por cento da fianza no IGVS pero reterá un 10 por cento para proceder á devolución de demandas e liquidacións.
Este concerto rexerá automaticamente a empresas, entidades e administracións públicas, pero poderanse adherir voluntariamente arrendadores particulares, propietarios de grandes superficies comerciais, asociacións de propietarios, e profesionais dedicados á administración de predios urbanos.