Os avogados dunha asociación presentan unha "acción popular" contra os "responsables" da morte de Asunta

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 17 diciembre 2013 21:26

SANTIAGO DE COMPOSTELA 2 Oct. (EUROPA PRESS) -

Os avogados da Asociación Clara Campoamor presentaron unha "acción popular" contra os "responsables" da morte da nena Asunta Basterra Porto achada nunha pista forestal no municipio coruñés de Teo.

Á saída dos xulgados de Santiago de Compostela, en declaracións aos medios, un dos avogados desta asociación que vai a polos dereitos da infancia e da muller, Ricardo Pérez Lama, explicou que conversou co xuíz que leva a causa, José Antonio Vázquez Taín, que agora ten que resolver se acepta esta personación.

Ricardo Pérez Lema indicou que a causa vai contra os "responsables", que malia que están sin determinar, "algún haberá", segundo as súas propias palabras.

Neste sentido, recordou que hai dous imputados --os pais da menor falecida-- e manifestou que "existen indicios racionais de criminalidade".

Este avogado, acompañado da letrada Rocío Beceiro, subliñou que non ten máis datos sobre o proceso e argumentou que hai que ser "prudente" e "esperar á resolución do xuíz".

Pola súa banda, Rocío Beceiro explicou que a actuación adoptada por esta asociación, en representación da súa presidenta, constitúe unha "acción popular", é dicir, ser a "voz" da nena e actuar en representación da "sociedade e de todos os españois".

Contenido patrocinado