Os bonos da Xunta de desconto de 30 euros en comercios xa poden descargarse

Archivo - Bono Activa Comercio Xunta de Galicia.
XUNTA - Archivo
Publicado: viernes, 26 abril 2024 11:53

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Abr. (EUROPA PRESS) -

   Os bonos de desconto de 30 euros para compras en comercios, que pon en marcha a Xunta, poderán descargarse por parte dos usuarios a partir deste venres, 26 de abril, a través da web (www.bonosactivacomercio.gal).

   A quinta edición do Bono Activa Comercio está dotada con 2,5 millóns de euros, co que se prevé mobilizar 12 millóns de euros en vendas nos establecementos comerciais adheridos.

   Os bonos terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras entre 20 e 30 euros contarán cun desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras entre 30 e 50 euros. A partir de 50 euros, o desconto alcanzará os 15 euros.

   Como en anteriores ocasións, cada persona poderá descargar un único bono. Non se limitará o número de usuarios que poden descargarse os bonos, senón que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.

Contador