Os centros deberán "xustificar" ante Inspección que non teñen profesores de apoio suficientes para solicitar reforzos

As peticións avaliaranas "comisións técnicas" nas que estarán catro persoas, entre elas o polémico subdirector xeral de Inspección

Archivo - Arquivo - Unha profesora cun alumno da Facultade de Ciencias económicas dunha Universidade durante un exame, a 10 de xaneiro de 2022, en Madrid, (España). Máis de 8 millóns de alumnos de toda España retoman hoxe as súas clases após o período vac
Marta Fernández - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 26 junio 2025 18:14

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Jun. (EUROPA PRESS) -

   A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP prepara unha instrución cun novo proceso para que os centros soliciten ante a Inspección un reforzo de profesores de Audición e Linguaxe (AL) e Pedagoxía Terapéutica (PT). Así, a partir do próximo curso, o colexio "deberá acreditar e justificar" que non conta con docentes de apoio suficientes para poder solicitar ese reforzo.

   Ademais, estas solicitudes serán avaliadas por "comisións técnicas" que haberá en cada un dos seus servizos territoriais. Estarán formadas por catro persoas e, entre elas, estará o subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo, Enrique Prado Cova.

   Precisamente, este cargo estivo no punto de mira nos últimos días despois de que a CIG reclamase o seu cesamento por uns polémicos artigos de opinión publicados en Internet nos que, por exemplo, encomia a Vox, chama "clase ociosa" ao profesorado e cuestiona as políticas de inmersión lingüística.

   Estas novas instrucións para solicitar persoal de apoio presentounas este xoves o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na reunión da xunta autonómica de directores.

   A intención da Xunta, tal e como explica nun comunicado, é "reforzar o sistema" da solicitude que deben realizar os colexios e institutos para contar con persoal de apoio de carácter extraordinario, é dicir, a maiores do que xa teñen asignado.

"UN INFORME DE VALORACIÓN"

   Segundo o texto proposto, ao que tivo acceso Europa Press, cando un centro precise este reforzo, deberá "acreditar e xustificar" a súa necesidade e que coa dotación dispoñible até o momento non pode cubrir adecuadamente as necesidades do alumnado con necesidades especiais.

   "De ser preciso", engade a instrución, a Inspección "facilitará ao centro o modelo de solicitude que deberá completar e entregar" en prazo ao servizo territorial. Unha vez feito isto, a Inspección revisará as peticións e "realizará un informe de valoración" que dirixirá a unha "comisión técnica".

   Cada servizo territorial de inspección contará cunha comisión, que estará composta por catro acodes. Ademais do subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo, estarán o subdirector xeral de Recursos Humanos, que exercerá a presidencia; a persona titular da xefatura territorial de Inspección; e un funcionario da Consellería que actuará como secretario e que terá voz, pero non voto.

   Cada un destes órganos poderá constituír, á súa vez, unha "subcomisión técnica especializada" para "colaborar e asesorar na valoración das solicitudes, formada por inspectores de educación ou especialistas en materia de orientación educativa".

   As comisións, unha vez revisada toda a documentación, resolverá sobre a dotación extra de persoal de PT e AL e a proposta elevarase á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

REDUCIÓN DA BUROCRACIA

   Esta instrución é unha das medidas incluídas na nova estratexia de inclusión da Consellería de Educación, pero tamén entronca coa súa folla de ruta para reducir a burocracia nos centros, tal e como figura no acordo asinado en outubro de 2023 cos sindicatos CCOO, ANPE e UXT.

   Neste contexto, a Administración tamén ultima "un plan de simplificación documental e desburocratización para alixeirar" a carga dos centros neste ámbito, con liñas específicas que pasan pola dixitalización, a xestión de datos e documentos, e a revisión e actualización da normativa, entre outros.

   Na reunión coa xunta autonómica de directores, o conselleiro aproveitou para agradecerlles o seu labor e reafirmar o seu compromiso para traballar "con toda a responsabilidade" para afianzar o "modelo de calidade do ensino", en base a indicadores como PISA e os datos do Ministerio de Educación.

   Ademais, Rodríguez lembrou que o próximo curso continuará a aplicación da baixada do número de alumnos por aula, que pasará a ser de 20 en tamén en 5º de Infantil, ademais de en 4º.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado