SANTIAGO DE COMPOSTELA 10 Abr. (EUROPA PRESS) -
O número de infectados por COVID-19 ascendeu a 5.631, tras rexistrarse 80 casos novos. A pesar diso, as altas de pacientes tamén se incrementaron e xa ascenden a 997.
Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, 1.151 destes casos son da área da Coruña, 571 de Lugo, 1.082 de Ourense, 469 de Pontevedra, 1.074 de Vigo, 963 de Santiago, e 321 de Ferrol
Deles, 149 permanecen na UCI e 766 atópanse en unidades de hospitalización, aínda que 4.716 están a ser atendidos no seu domicilio.
O test de coronavirus realizados en Galicia (PCR) ascenden a 39.432, segundo os datos de Sanidade.