Os nacementos volven caer en Galicia en maio e acumulan un descenso do 1%

Lugo é a terceira provincia con maior aumento de alumeamentos no que vai de ano

Archivo - Arquivo - Nacemento, bebé, 2025.
EUROPA PRESS - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 23 julio 2025 11:34

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Jul. (EUROPA PRESS) -

   Galicia rexistrou 1.083 nacementos en maio, o que supón un 6% menos que no mesmo mes de 2024, segundo os datos provisionais que publica o Instituto Nacional de Estatística (INE) este mércores.

   Deste xeito, os nacementos na comunidade galega volven a terreo negativo após o repunte do 17% que se produciu en abril, o cal rompera con case un ano consecutivo de caídas interanuais.

    No acumulado do cinco primeiros meses, son 5.431 alumeamentos na comunidade, polo que o descenso é do 1,2% en comparación co mesmo período de 2024, o que contrasta co aumento do 0,43% en España. Baleares é a comunidade con maior recorte (-6,77%), seguida de Cantabria (-2,46%).

    Supón o peor dato até maio nos rexistros do INE, xa que é un 31,6% menos que hai unha década, cando había 7.944 natalicios no cinco primeiros meses de 2025 na comunidade.

LUGO, DOS MAIORES CRECEMENTOS EN ESPAÑA

   Por provincias, Pontevedra é a única en Galicia con datos negativos ao sufrir un descenso do 6,6% até maio.

    En cambio, aumentan no resto de provincias galegas, onde destaca o crecemento do 6,6% de Lugo, o que supón o terceiro aumento por provincias, só por detrás de Soria (15,5%) e Huesca (6,77%). Tamén soben, aínda que de forma lixeira, A Coruña (0,88%) e Ourense (+0,02%).

MENOS FALECEMENTOS

   Doutra banda, a comunidade galega tivo 17.978 defuncións nas primeiras 27 semanas deste 2025, é dicir, até a primeira semana de xullo, o que supón un 0,4% menos que no mesmo período do ano anterior, segundo as estimacións de falecementos publicadas polo INE.

   En España, as mortes aumentaron un 2,2% neste período, con 239.962 falecementos, segundo o avance do INE.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado