Pechadas dúas aulas no Colexio Mariano e o CEIP Pintor Laxeiro, en Vigo, tras dous positivos por COVID

Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 21 septiembre 2020 13:00

   VIGO, 21 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O Colexio Plurilingüe Mariano e o CEIP Pintor Laxeiro, ambos en Vigo, tiveron que pór en corentena unha aula cada un tras detectarse dous positivos de COVID-19.

   No caso do Colexio Mariano, fontes do centro confirmaron a Europa Press que o positivo en coronavirus se deu nunha nena de tres anos á que se lle fixo a PCR ao longo da fin de semana por haber un infectado na súa contorna familiar.

   Así, despois de que as autoridades sanitarias e a familia da alumna trasladase ao colexio a situación, púxose en corentena un total de 25 nenos e tres profesores.

   No caso do CEIP Pintor Laxeiro, desde este luns terá en corentena a clase de 1 B de Primaria por un positivo. A través da súa páxina web, o colexio informou de que as autoridades sanitarias xa puxeron en marcha o protocolo correspondente e de que "o resto do centro funcionará con normalidade".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado