A Plataforma Ulloa Viva celebra que Altri non reciba axudas de descarbonización, pero advirte de que hai máis fondos

Archivo - Arquivo - Varias persoas protestan durante unha manifestación contra a empresa de celulosa Altri, a 26 de maio de 2024, en Palas de Rei, Lugo, Galicia (España).
Carlos Castro - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 23 abril 2025 14:54

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Abr. (EUROPA PRESS) -

   A portavoz da Plataforma Ulloa Viva, Zeltia Laya, afirmou que "están moi contentos" polo anuncio do Goberno sobre que o proxecto de Altri en Palas de Rei (Lugo) non recibe as axudas do Perte de Descarbonización Industrial, pero mantéñense en alerta porque a empresa ten solicitados outros fondos.

    "Estamos moi contentas por esta noticia. Consideramos que é un paso máis cara á non posible realización desta macrocelulosa, pero ao mesmo tempo estamos en alerta porque, tanto a empresa como a Xunta, segue animando a que a instalación é posible por ter solicitadas outra vía de financiamento que si poderían cubrir os fondos necesarios", sinalou en declaracións remitidas aos medios.

    Con todo, subliñou que "non hai que esquecer" que o proxecto Altri "depende de dúas resolucións" que "serán outorgadas pola Xunta con independencia de que teña ou non financiamento de axudas da Unión Europea".

    Para a Plataforma é "importante" coñecer os criterios de denegación xa que o "incumprimento dos principios de non causar daós significativo é un criterio transversal que podería comprometer a concesión doutro tipo de liñas".

    Neste contexto, a Plataforma remarcou que, para "parar a macrocelulosa", un dos factores "máis importantes" segue sendo a mobilización social e lembrou que o 4 de maio celebrarase unha baixada polo río Ulla e o 8 de maio terá lugar unha concentración ante o Congreso dos Deputados.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado