A Policía Nacional investiga unha agresión grupal a unha menor de 13 anos en Pontevedra que foi gravada en vídeo

Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 13 marzo 2026 12:59

VIGO 13 Mar. (EUROPA PRESS) -

A Policía Nacional investiga unha agresión grupal a unha menor de 13 anos ocorrida o pasado venres, día 6 de marzo, na praza de Barcelos da cidade de Pontevedra.

Segundo fontes policiais consultadas por Europa Press, foi a familia da menor a que acudiu na mañá de onte xoves a denunciar os feitos, após ter coñecementos do mesmo.

A agresión produciuse na tarde do venres entre menores de entre 12 e 14 anos de idade. Grazas á existencia dun vídeo da pelexa, púidose identificar aos presuntos implicados.

Desta maneira, este venres a Policía Nacional está a tomar declaración aos menores, para despois enviar a Fiscalía toda a documentación sobre o caso.

Segundo outras fontes consultadas por Europa Press, supostamente sería unha menor a que agrediu á vítima, comezando unha pelexa entre ambas na que outras mozas se involucraron dándolle patadas e tirándolle do pelo.

A nena, de 13 anos, acudiría ao hospital e presentou o parte de lesións na denuncia, xunto cos vídeos.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado