Pontón reivindica en Uruguai o sector naval galego e espera que o contrato de Cardama se resolva "canto antes"

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, nun acto en Montevideo, Uruguai.
BNG
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 13 noviembre 2025 14:44

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Nov. (EUROPA PRESS) -

   A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou na súa visita a Uruguai o sector naval galego despois de que trascendese hai unhas semanas que o Executivo uruguaio cancelou un contrato co estaleiro vigués Cardama para a fabricación de dúas patrulleiras por ao redor de 82 millóns de euros debido aos "fortes indicios de fraude ou estafa ao Estado".

   Antes de manter un encontro co presidente do país charrúa, Yamandú Orsi, Pontón aproveitou para reivindicar que Galicia conta cun sector naval "moi importante" e "con gran prestixio", tanto en construción civil como militar, e cunhas instalacións "en Vigo e en Ferrol con gran capacidade de innovación e construción".

   "Temos un sector naval excelente", proclamou a líder nacionalista antes de apuntar que descoñece "os pormenores" do contrato de Cardama co Goberno uruguaio.

   En todo caso, insistiu en avalar ao sector naval galego e desexou que esta cuestión se resolva "canto antes e da maneira "máis beneficiosa para ambas as partes".

    "Descoñezo todos os detalles, pero si que podo dicir que en Galicia temos un sector naval de primeira, con moita calidade e construímos para todo o mundo desde hai décadas", reivindicou.

   Doutra banda, dixo non saber se foi "casualidade" que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, chamase ao presidente uruguaio para interesarse pola situación do contrato do estaleiro vigués "xusto o día" que o BNG anunciou que Pontón se reuniría con Yamandú Orsi.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado