O PPdeG, "plenamente identificado" o discurso de Felipe VI

Tellado afirma que as palabras do Rei acollen "a todos os españois" e defende que Galicia é "leal" coa Constitución e a monarquía

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa
PPDEG
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 25 diciembre 2017 16:57

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Dic. (EUROPA PRESS) -

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou este luns que o seu partido se sente "plenamente identificado" o discurso de Nadal do Rei Felipe VI, no que A Súa Maxestade defendeu a "solidariedade territorial" e a "procura da cooperación entre todos" para "seguir percorrendo" o camiño iniciado pola sociedade española hai 40 anos.

Nun comunicado, o partido indicou que o monarca "non se esqueceu de ningún dos temas que preocupan aos españois", como o desafío soberanista catalán ou a situación económica. E é que, en palabras de Tellado, aínda que esta última sexa "cada vez mellor", "segue sendo motivo de preocupación para miles de persoas".

Neste sentido, o secretario xeral dos populares galegos valorou que Felipe VIN apuntase aos "logros" adquiridos nos últimos anos e lembrou que "todos eles foron conquistas baseadas nun espírito integrador" do pobo español.

Tellado incidiu tamén en que o texto do Rei "non foi o discurso onde se poden sentir cómodos os separatistas nin aqueles que se avergoñen da historia recente" de España.

GALICIA, "LEAL" COA MONARQUÍA

"Felipe VI representa máis que nunca a todos os españois cando expresa o seu defensa da Constitución e do ordenamento xurídico español", engadiu. Así, para Tellado, o discurso foi "unha intervención que a inmensa maioría dos españois podería subscribir".

O PPdeG, a través do seu secretario xeral, sinalou que o Rei pode ter "a completa seguridade" de contar con eles na defensa dos principios expostos no discurso.

"Mentres os populares galegos teñan responsabilidade de goberno na comunidade, Galicia será un territorio leal e responsable coa Constitución e co Estado das Autonomías", algo que, segundo concluíu Tellado, "inclúe á monarquía e ao seu Rei".

Contenido patrocinado