O próximo luns empezará o traslado de pacientes ás novas unidades de saúde mental de Piñor (Ourense)

La Gerente Del Sergas, Rocío Mosquera.
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 11 enero 2012 15:10

SANTIAGO DE COMPOSTELA 11 Ene. (EUROPA PRESS) -

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, anunciou que o próximo luns se iniciará o traslado de pacientes das unidades de Rehabilitación Psiquiátrica do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) que aínda restan en Toén ás novas unidades de saúde mental de Piñor (Ourense).

Segundo explicou Mosquera, trátase dunha medida que "dá resposta á demanda histórica do sector de saúde mental", tanto das sociedades profesionais coma das asociacións de pacientes e familiares, engadiu.

A titular de Sanidade supervisou este mércores o fin dos traballos de mellora desta infraestrutura en Ourense, que empezaron o pasado mes de xullo e para os que o CHUO destinou diversas partidas que, en conxunto, suman uns 500.000 euros.

Estas obras, segundo comentou Sanidade, posibilitan dispoñer dun espazo sanitario "actual" e de acordo cos criterios técnicos de seguridade e dignificación da asistencia psiquiátrica. "Esta iniciativa supón un salto cualitativo moi importante na asistencia aos pacientes de saúde mental, que mostra de modo evidente o modelo de atención sanitaria que queremos que teñan os cidadáns de Galicia", afirmou a conselleira.

SENSIBILIZAR

Neste sentido, resaltou a aposta do Servizo Galego de Saúde por sensibilizar a poboación respecto da enfermidade mental, con iniciativas como o Proxecto Nise contra o estigma na enfermidade mental, a través do que se ofrece información, formación e educación sanitaria a familiares e persoa con trastornos mentais.

Tras as reformas, no edificio de Piñor continuará o desenvolvemento da actividade do Servizo de Rehabilitación e Medicina Física, situada na planta baixa; manterase a primeira planta como reserva para hospitalización xeral, en períodos de maior demanda; e dedicarase o segundo e terceiro piso para saúde mental.

Contenido patrocinado