PSdeG critica a "nula vontade" da Xunta para que o Plan de Normalización Lingüística incremente o uso do galego

Archivo - Arquivo - A deputada socialista Silvia Longueira no Parlamento de Galicia
PSDEG - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 26 julio 2025 13:50

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Jul. (EUROPA PRESS) -

   A deputada socialista Silvia Longueira denunciou este sábado que a Xunta abrise "en pleno verán e sen darlle difusión" un período para realizar suxerencias á actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega. Neste sentido, criticou a "nula vontade" do Goberno que preside Alfonso Rueda para que ese plan "sirva" para incrementar o uso do idioma.

   Segundo detallaron os socialistas nunha nota de prensa, trátase "doutro movemento máis para evitar un verdadeiro traballo a favor do idioma" e asegurou que "a Xunta pretende que non se tome en serio ao galego".

   Neste contexto, Longueira lamentou que o PP use nos seus eventos a figura de Castelao e, ao mesmo tempo, "opere en contra do uso do galego nas institucións europeas, rexeitando por segunda vez a cooficialidade na UE e animando aos conservadores a oporse".

   "Isto sucede mentres a Consellería de Cultura dálles publicidade aos grupos de traballo que constituíu para dotar de contido a renovación do plan, pero a realidade é que a lingua está a ser vilipendiada e rexeitada polo Partido Popular", asegurou a parlamentaria do PSdeG.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado