Carlos Castro - Europa Press
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Jul. (EUROPA PRESS) -
A raíña Sofía visitou este mércores os municipios de Rubiá (Ourense) e Folgoso do Courel (Lugo) para coñecer sobre o terreo os traballos de recuperación ambiental tras os incendios do pasado verán, que calcinaron 118.966 hectáreas en Galicia, segundo cifras da Consellería do Medio Rural.
Acompañada pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, a raíña Sofía iniciou o seu percorrido no municipio ourensán, onde coñeceu, no Parque Natural Serra da Enciña da Lastra, unha alvariza tradicional afectada e que será recuperada.
O obxectivo da actuación é, segundo indicou a Xunta, rehabilitar a estrutura para posterioremnte instalar colmeas activas e, con iso, promover a actividade apícola local e favorecer a restauración florística da contorna.
Tras iso, a comitiva desprazouse até O Vilar, en Folgoso do Courel, onde se localiza unha castiñeira emblemática con exemplares centenarioas que tamén foron alcanzados polo incendio. Para a restauración, crearán unha masa mixta de frondosas nos arredores da aldea de O Vilar.
Esta actuación ten un obxectivo dobre, ao restaurar un hábitat típico da zona e recuperar paisajísticamente o entrono máis próximo ao lugar, protexendo ao mesmo tempo o núcleo de poboación ante posibles incendios coa creación dunha franxa contigua de vexetación menos inflamable.
Os traballos realizaranse no marco dunha colaboración entre a Xunta e a Fundación Reina Sofía e que conta cun investimento de máis de 170.000 euros. O proxecto xa está redactado e será a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a que se ocupe da execución. Así, a previsión é iniciar os traballos, cunha duración de catro meses cada un, no mes de xullo para que estean finalizados antes de que acabe o ano.
Ao acto asistiron o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez; e a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro; entre outros.