Raxoi declarará outros seis edificios en ruinas no Rexistro de Soares, despois da paralización da venda doutros tres

20250522fba551d00dd327156ee12076b93439f8.jpg
AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 22 mayo 2025 14:19

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 May. (EUROPA PRESS) -

   O Concello de Santiago anunciou que está a traballar "nas actuacións previas para incluir outros seis edificios en ruinas no Rexistro de Soares", xa que "a folla de ruta de Raxoi --en relación co deber de conservación e rehabilitación-- mantense".

   Así o trasladou o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, este xoves en declaracións aos medios previas á segunda reunión da mesa sectorial de vivenda. Este anuncio chegou despos da paralización da venda forzosa de tres inmobles inscritos no Rexistro de Soares aprobada polo goberno local o pasado 10 de marzo.

   Ante isto, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín anunciou que o Concello prevé recorrer o auto porque considera que hai "elementos suficientes" para que o proceso "siga adiante".

   Pola súa banda, Lestegás lembrou que os tres edificios foron declarados en ruina en 2010, sendo incluídos un ano despois no rexistro correspondente. Así, continuou, en 2013 o xulgado lle diu a razón ao Concello nesta inclusión, polo que o Partido Popular "non fixo nada" e o "expediente caducou", deixando que os edificios seguisen abandonados.

   Nesta liña, en 2014, apuntou, Raxoi declarou o incumprimento do deber de conservación e rehabilitación, o que implica a venda forzosa, segundo a Lei do Solo de Galicia. Lestegás, concluíu que os propietarios tiveron "moitos anos" para rehabilitar os edficios.

Contenido patrocinado