A Real Academia Galega dedicará en 2026 o Día das Letras Galegas á xornalista e escritora Begoña Caamaño

La xornalista e escritora Begoña Caamaño (Vigo, 1964 - Santiago de Compostela, 2014).
RAG
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 20 junio 2025 13:47

A CORUÑA 20 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Real Academia Galega (RAG) dedicará no ano 2026 o Día das Letras Galegas á xornalista e escritora Begoña Caamaño (Vigo, 1964 - Santiago de Compostela, 2014).

Así o decidiu o pleno da institución reunido este venres en sesión ordinaria e anunciouno, en rolda de prensa, o presidente da mesma, Henrique Monteagudo.

O próximo 17 de maio estará dedicado a Caamaño, quen debutou na madurez como narradora, aos 45 anos de idade, con 'Circe ou o pracer do azul' (2009). A este título seguiulle 'Morgana en Esmelle' (2012), cuxa publicación coincidiu co diagnóstico de cancro que acabou coa súa vida cando acababa de cumprir os 50.

Como xornalista, após os comezos en Radio Noroeste e Radio Popular, Begoña Caamaño exerceu a partir do ano 1989 en Radio Galega.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado