Renfe amplía este venres a suspensión de trens á ruta entre Ourense, O Carballiño e Santiago e mantena en Vigo

Archivo - Arquivo - Trens de proximidade parados nas vías da estación de trens, a 24  de agosto de 2022, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia, (España).
César Arxina - Europa Press - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 5 febrero 2026 20:24

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 5 Feb. (EUROPA PRESS) -

   Renfe informou de que este venres se manterá a suspensión de trens con orixe e destino Vigo e amplíase á ruta entre Ourense, O Carballiño e Santiago, ante risco de inundacións e desprendementos de terra debido ao temporal.

    Desta forma, os traxectos afectados --alta velocidade, media e longa distancia-- son os que conectan Vico Urzaiz con Santiago; Vigo Guixar e a capital galega; Vigo Guizar e Tui; Vigo Guixar e Ourense; así como, Ourense-O Carballiño-Santiago.

    Renfe non establecerá un plan de transporte alternativo por estrada, pero indicou que están habilitados os cambios e anulacións de maneira gratuíta.

    O Concello de Vigo, pola súa banda, enviou un comunicado na tarde deste xoves para informar de que reclamou a Renfe un servizo alternativo de buses "dado que a rede ferroviaria non está en condicións de operatividade".

   "Renfe debe pór a disposición dos seus viaxeiros autobuses que circulen desde a estación de buses de Vigo até Santiago, coas mesmas frecuencias que o tren, e con capacidade suficiente para o traslado de todos os usuarios. "Renfe non pode deixar desatendidos e sen servizo de transportes aos viaxeiros e viaxeiras de Vigo", reza o comunicado municipal.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado