Retencións na A-55 cara a Vigo por varios accidentes case simultáneos nun tramo de poucos quilómetros

Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 16 octubre 2019 11:06


VIGO, 16 Oct. (EUROPA PRESS) -

Até catro accidentes de tráfico ocorridos á primeira hora da mañá nas autovías A-55 e A-52 provocaron retencións de varios quilómetros en dirección a Vigo, segundo confirmaron fontes do 112 Galicia e da Garda Civil de Tráfico.

Así, a Garda Civil explicou que, entre as 7,30 e as 7,50 horas rexistráronse tres choques por alcance con varios vehículos implicados nesta autovía, entre os termos municipais do Porriño e Mos, o que provocou retencións de varios quilómetros en dirección a Vigo.

Fontes do 061 confirmaron que, como consecuencias dos accidentes, trasladouse a tres persoas a centros hospitalarios. Así, un home duns 40 anos foi evacuado ao sanatorio Concheiro de Vigo; unha muller duns 30 anos foi trasladada ao Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima; e outra muller, duns 80 anos, foi evacuada ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Así mesmo, sobre as 9,00 horas, segundo informou 112 Galicia, producíase outro accidente, esta vez na A-52, tamén no termo municipal do Porriño e en dirección a Vigo. Neste caso, tratouse dunha saída de vía, e o ocupante do vehículo resultou ileso.

Segundo confirmaron fontes da DGT e da Garda Civil de Tráfico xa se restableceu a normal circulación nestas autovías.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado