Retoman a procura do piragüista desparecido o venres no tramo urbano do río Lérez en Pontevedra

Dous gardas civís nun dispositivo de procura na Ría de Pontevedra, a 28 de outubro de 2022, en Pontevedra, Galicia (España). Os bombeiros de Pontevedra despregaron un dispositivo de procura no río Lérez por un piragüista desaparecido ao vo
Beatriz Ciscar - Europa Press
Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 29 octubre 2022 10:55

   PONTEVEDRA, 29 Oct. (EUROPA PRESS) -

   Á primeira hora da mañá deste sábado retomáronse as tarefas de procura do piragüista que desapareceu o pasado venres nas augas do río Lérez ao seu paso pola cidade de Pontevedra.

   Após interromperse o operativo pasadas as 19,30 horas do venres debido á baixa visibilidade, os mergulladores do Grupo de Especialistas en Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil traballan xa na zona para tratar de dar co paradoiro de José Manuel Penas Balchada.

   Ademais dos especialistas da Benemérita, tamén participan no dispositivo membros dos bombeiros de Pontevedra, Policía Local, Salvamento Marítimo e outros servizos de emerxencia.

   A turbidez da auga continúa dificultando a procura do piragüista, que foi visto por última vez na zona do río entre a Ponte das Correntes e a gasolineira do Burgo.

   Unha persona que se atopaba correndo pola Avenida de Domingo Fontán alertou aos servizos de emerxencia após ver como o desaparecido caía do seu embarcanción, á que nun primeiro instante logrou agarrarse, pero non puido manterse e acabou afundíndose no río.

   José Manuel Penas, cuxa piragua foi recuperada polos bombeiros horas despois da súa desapareción, está vinculado ao Club Naval de Pontevedra e irmán da expalista olímpica Ana Penas.

Contenido patrocinado