Rueda encarga ao seu equipo "pisar o acelerador" após o primeiro ano de goberno para manter o "Galicia calidade"

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda ofrecendo un discurso no Acto de Firma de Colaboración Exterior en Materia de Emprego, Formación e Talento cos embaixadores de distintos países latinoamericanos en España, na Casa de Galicia, a
Fernando Sánchez - Europa Press
Europa Press Galicia
Publicado: martes, 15 abril 2025 13:48

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 15 Abr. (EUROPA PRESS) -

   O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, encargou aos membros que conforman o seu goberno "pisar o acelerador" para o resto da lexislatura, unha vez cumprido o primeiro ano de mandato. O "criterio de esixencia" é manter esa marca de "Galicia Calidade".

   Esta foi a principal mensaxe que Rueda quixo transmitir este martes, nun acto celebrado na Cidade da Cultura, en Santiago, a todos o altos cargo da Administración autonómica e outros representantes institucionais alí presentes.

   O presidente da Xunta, que se referiu á sanidade e á vivenda como os dous asuntos "que máis preocupan" ás persoas, reivindicou que nas eleccións de 2024 os galegos "falaron con claridade", polo que hai "moitísima xente agardando que non a decepcionen".

   Neste acto tamén interviñeron diferentes persoas beneficiarias de diferentes programas e liñas de axudas da Xunta, en áreas como a educación, os coidados e a sanidade.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado