Carlos Castro - Europa Press - Archivo
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Mar. (EUROPA PRESS) -
A Consellería de Sanidade revisará este venres a posibilidade de retirar a recomendación de levar máscara nos patios dos colexios na Comunidade galega no contexto actual da pandemia pola Covid-19.
Así o afirmou este mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, a preguntas dos medios após unha visita ao Hospital Clínico Universitario de Santiago coa ministra de Sanidad, Carolina Darias.
"Esta mesma semana, como nos comprometemos, vaise a revisar", asegurou Comesaña, que enmarcou esta análise "probablemente no subcomité" clínico deste venres. "E informarase convenientemente", concluíu en relación á decisión que se adopte.
Deste xeito, o titular de Sanidade lembrou o compromiso da Xunta de revisar esta retirada da máscara nos patios de colexio unha vez avanzada a vacinación dos nenos de 5 a 11 anos.