Sanidade confirma que o brote de gastroenterite detectado en Narón (A Coruña) afecta a 48 persoas

Os casos, de carácter leve, concéntranse en usuarios dun centro de día e en asistentes a un evento externo escolar

Archivo - Arquivo - Sede da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde (Sergas), en San Lázaro, Santiago de Compostela.
EUROPA PRESS - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 6 marzo 2026 14:56

   FERROL, 6 Mar. (EUROPA PRESS) -

   A Consellería de Sanidade confirmou este venres a existencia dun brote de gastroenterite que afecta a un total de 48 persoas, todas elas relacionadas coa comida servida no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, que xestiona a empresa DomusVi, no municipio de Narón (A Coruña).

   Segundo o último reconto ofrecido pola Xunta, nove dos afectados son usuarios do centro de día. Con todo, o groso dos casos, 39 persoas, corresponde a asistentes a un evento escolar realizado no Pazo da Cultura, desenvolvido o luns e martes, 2 e 3 de marzo, sendo os afectados o segundo día, tras consumir a comida proporcionada polo centro comunitario.

   Desde a Consellería precisaron que os síntomas que presentan os afectados consisten nun cadro de diarrea de curta duración e de carácter leve, o que permitiu que a maioría dos casos non requirisen atención hospitalaria.

   Fontes da investigación confirmaron que, en canto se tivo coñecemento do brote, a Inspección de Sanidade activou un equipo de investigación que se desprazou de inmediato ás cociñas da empresa implicada.

   Como primeira medida, os inspectores requiriron á compañía que poña á súa disposición mostras testemuña correspondentes aos menús que foron fornecidos tanto o luns como o martes.

   Ademais da visita de inspección realizada ás instalacións, Sanidade atópase agora á espera dos resultados das probas analíticas que se están realizando sobre estas mostras, así como da elaboración do informe de conclusións que determinará a orixe exacta do brote e as posibles medidas a adoptar.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado