Seis detidos, un deles en Francia, nun novo operativo policial con rexistros en varios municipios galegos

Imaxe dun dos inmobles rexistrado este mércores en Vilanova.
ELENA FERNÁNDEZ-EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Publicado: miércoles, 17 diciembre 2025 16:48

VIGO 17 Dic. (EUROPA PRESS) -

Seis persoas foron detidas nas últimas horas, unha delas en Francia, nun novo operativo policial no que se realizaron até 14 rexistros en distintas localidades galegas.

Segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza (TSXG) consultadas por Europa Press, ao longo desta mañá leváronse a cabo uns 14 rexistros en municipios dos partidos xudiciais de Vilagarcía, Cambados, Redondela, Pontevedra e Cangas.

É precisamente o Xulgado número 3 de Cambados o que instrúe a causa, que saíu á luz após observarse un amplo despregamento policial no centro de Vilanova de Arousa esta mañá.

A previsión é que o cinco detidos en España pasen a disposición da maxistrada do Tribunal de Instancia de Cambados praza nº3 o vindeiro venres, día 19 de decembro, pola mañá. Hoxe realizáronse 14 rexistros nos partidos xudiciais de Vilagarcía, Cambados, Redondela, Pontevedra e Cangas

Todo iso despois de que este mércores varios furgóns policiais sorprendesen aos veciños da zona da Praza do Parque no marco dun novo operativo declarado en segredo de sumario, segundo fontes consultadas por Europa Press.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado