Temporal.- A Xunta mantén pechado ao tráfico pesado os portos de montaña de O Cebreiro, San Roque, Poio e O Viduedo

NIEVE EN CARRETERA, TRÁFICO, TEMPORAL
EUROPA PRESS
Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 23 enero 2013 13:01

SANTIAGO DE COMPOSTELA 23 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura mantén pechado ao tráfico pesado os portos de montaña de O Cebreiro (entre os quilómetros 0 e 6), San Roque (PK 6-10), Poio (quilómetros 10-20), LU-633 (Pedrafita N-VIN-Alto do Hospital) e Viduedo (0 ao 7) na estrada LU-637.

Ademais, a Xunta de Galicia recomenda precaución e circular con cadeas para o resto de estradas afectadas pola neve nas provincias de Lugo e Ourense.

Segundo o parte ata as 8.00 horas deste mércores, a situación das estradas de titularidad da Xunta require circular con cadeas pola presenza de neve nos portos de montaña de A Fontaneira (quilómetros 30-37) e O Cerredo (43-57) da LU-530 (Lugo-A Fonsagrada); na LU-701 en A Fonsagrada; LU-703 entre Barbeitos e límite con Asturias; LU-721 entre A Fonsagrada e Vilabol de Suarna; LU-740 entre A Fonsagrada e Vilardiaz e OU-122 entre Sobradelo e límite con Zamora (alto de Casaio).

Así mesmo, o departamento de Infraestruturas aconsella circulación con precaución nunha vintena de estradas das provincias de Lugo e Ourense pola presenza de neve.

No que se refire ás vías de alta capacidade, todas están abertas e durante a noite levou a cabo a retirada de neve e o esparexemento de fundentes na AG-53, entre os enlaces de Piñor e Dozón e a repartición de fundentes preventiva nas autovías AG-11 (Barbanza), AG-41 (O Salnés), AG-55 (A Coruña-Carballo) e AG-57 (Val Miñor). O consumo de fundentes durante a noite foi de 25 toneladas de sal, e case 8.000 litros de salmoira e estiveron a traballar seis equipos quitaneves.

QUITANEVES

Un total de 37 equipos quitaneves traballan na retirada de neve e esparexen material fundente nas catro provincias galegas, segundo explica a Xunta, cun consumo de 298 toneladas de sal e case 57.000 litros de salmoira dende a pasada noite.

Estes traballos enmárcanse no Plan de Viabilidade Invernal, operativo dende o 1 de novembro de 2012 e ata o 30 de abril de 2013, co fin de garantir as condicións de seguridade viaria nos case 5.500 quilómetros de estradas de titularidade autonómica.

Con todo, a Xunta recomenda ante un temporal de neve evitar viaxar a menos que sexa estritamente necesario e extremar as precaucións.

Contenido patrocinado