Trasladadas catro persoas tras un incendio nunha nave de maquinaria agrícola en Ponteareas

Europa Press Galicia
Publicado: martes, 27 octubre 2026 18:32

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 27 Oct. (EUROPA PRESS) -

   Catro persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo tras un incendio nunha nave dedicada á venda de material agrícola no municipio pontevedrés de Ponteareas.

   Segundo a información do 112 Galicia, o lume comezou sobre as 14.50 horas deste martes na nave sitúa no quilómetro 643 da N-120 e foi un particular o que alertou da presenza de fume. Así mesmo, os Bombeiros de Ponteareas tamén indicaron que se desprazaban ao lugar despois de recibir o aviso dun particular.

    Ante esto, a central de emerxencias informou os Bombeiros do Baixo Miño, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Unha vez no lugar, os equipos de intervención solicitaron asistencia sanitaria para varios traballadores, polo que avisaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

   O lume comezou nunha zona da nave na que se almacenaban os produtos destinados á venda. Finalmente, catro persoas foron trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro e o lume está controlado, aínda que seguen activos algúns pequenos focos.

   Pola súa banda, o Concello de Ponteareas pediu á cidadanía que non se achegue á zona afectada, debido aos gases derivados da combustión, e indicou que se deben manter libres os accesos para facilitar a chegada e a intervención dos servizos de emerxencias.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado