Trasladadas dúas persoas após un incendio nunha vivenda na Coruña

Archivo - Arquivo - Bombeiros da Coruña
CONCELLO DE A CORUÑA - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: martes, 1 septiembre 2026 9:41

SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 Sep. (EUROPA PRESS) -

Dúas persoas tiveron que ser trasladas ao Hospital Universitario da Coruña (CHUAC) tras un incendio nunha vivenda na cidade herculina.

Segundo a información do 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 03.30 horas deste martes nunha vivenda situada na intersección entre a avenida de Hércules e a rúa Ramón del Cueto.

Así, foron varios particulares os que deron a voz de alarma e indicaron que no interior da vivenda había varias persoas que pedían axuda e observábase unha gran fumareda.

A central de emerxencias mobilizaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros, Policía Nacional e Local da Coruña.

Sobre as 04.20 horas, os bombeiros confirmaron que o lume estaba apagado e que arderon materiais acumulados na planta baixa da vivenda. Os servizos sanitarios evacuaron a dúas persoas en ambulancia ao CHUAC.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado