Unha persona sofre a amputación de varios dedos dunha man pola explosión dun petardo en Vigo

Archivo - Arquivo - Sede do 112, Axega
112 - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: sábado, 24 diciembre 2022 12:08

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Dic. (EUROPA PRESS) -

   Unha persona sufriu a amputación de varios dedos dunha man ao explotarlle un petardo cando se atopaba na rúa Doutor Cadaval, en Vigo.

   Segundo comunicou o 112 Galicia, este suceso ocorreu nesta rúa da cidade olívica sobre as 01,30 horas da madrugada deste sábado.

   Foron os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 os que acudiron a atender ao ferido e deron aviso ao 112 Galicia.

   Até o lugar, ademais dos profesionais sanitarios, desprazáronse tambián axentes da Policía Nacional e da Policía Local após recibir os avisos do 112.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado