A Unión de Gardas Civís expresa o seu "máis sentido pésame" polo falecemento dun axente na Cañiza (Pontevedra)

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 17 agosto 2010 17:12

SANTIAGO DE COMPOSTELA 17 Ago. (EUROPA PRESS) -

A Unión de Gardas Civís en Galicia expresou o seu "máis sentido pésame" polo falecemento dun axente na localidade pontevedresa da Cañiza en acto de servizo, cando trataba de evitar o atraco a unha sucursal bancaria.

Ante estes "desagradables acontecementos", a asociación quixo acompañar no sentimento os seus familiares, amigos e compañeiros "neste momento tan doloroso". Igualmente, desexou "unha pronta recuperación" ao outro axente, que resultou ferido no tiroteo.

Contenido patrocinado