SANTIAGO DE COMPOSTELA 11 Mar. (EUROPA PRESS) -
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, avanzou este sábado que Xunta e colexios de farmacéuticos colaboran para proporcionar sistemas personalizados de dosificación ás persoas maiores polimedicadas.
Na súa intervención na xornada científica-profesional organizada pola delegación galega da Sociedade Española de Farmacia Clínica, Familiar e Comunitaria (Sefa Galicia), Comesaña subliñou que a falta de adherencia terapéutica é un dos "retos a abordar" por els istema sanitario público galego, xa que entre o 20 e o 50 por cento dos pacientes non toma correctamente a súa medicación.
Baixo o título 'Farmacia comunitaria en transformación: avanzando no valor clínico', Comesaña puxo en valor a estreita colaboración entre representantes do Sergas e os colexios farmacéuticos no desenvolvemento deste sistema personalizado, que se orienta aos pacientes con maior risco de problemas de adherencia.
Desta maneira, o titular da carteira sanitaria galega puxo en valor a achega diaria dos farmacéuticos ao Sergas e a potencialidade da integración do farmacéutico comunitario para mellorar a calidade da atención da asistencia e da saúde pública.
Respecto diso, subliñou a firma dunha addenda ao concerto para a preparación e entrega de SPD, coa mirada posta na integración nun programa colaborativo cos profesionais do Sergas de mellora da adherencia terapéutica.
PARA MAIORES DE 74 ANOS
Un sistema que, segundo Comesaña, "oriéntase aos maiores de 74 anos e máis de 13 medicamentos tomados de forma crónica" e prioriza factores de risco sociais como vivir só ou non ter unha rede de apoio sociofamiliar adecuada".
No programa, que xorde nun contexto de desafío que representan as enfermidades crónicas, xoga un papel fundamental o farmacéutico comunitario, coa captación e o seguimento dos pacientes, así como na preparación e entrega dos sistemas personalizados de dosificación.
O titular da sanidade pública galega tamén explicou que a Xunta traballa activamente para "establecer vías de comunicación directas, áxiles e bidireccionales entre os farmacéuticos comunitarios cos profesionais do Sergas" e destacou o "labor fundamnetal dos farmacéuticos" no asesoramento ao cidadán.
NOVO DECRETO
Doutra banda, tamén ah lembrado que a Xunta conta coa oficina de farmacia como parte do sistema sanitario a través da Lei de ordenación farmacéutica, e destacou, respecto diso do novo decreto de horarios, quendas de garda e vacacións, que "permite seguir garantindo á poboación unha excelente cobertura da rede de atención farmacéutica en todo o territorio galego, adaptando as quendas de oficina de farmacia a necesidades asistenciais da poboación".
Ademais, lembrou tamén outras medidas da Xunta que potencian a integración do farmacéutico comunitario, como o convenio que permite o acceso controlado a máscaras, e outro para realizar probas e cribados profesionais, o cal resultou "de gran axuda á hora de coñecer o grao de prevalencia e programación da infección do covid e adoptar medidas de prevención".