A Xunta destina 745 mil euros en axudas ás bibliotecas públicas para novidades editoriais e mellorar coleccións

Volve o programa 'Ler conta moito' para fomentar o hábito de lectura en Galicia e crear un sistema bibliotecario sólido

Europa Press Galicia
Publicado: domingo, 13 febrero 2022 18:18

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Feb. (EUROPA PRESS) -

A Xunta de Galicia destina 745.000 euros a axudas para a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia para facilitarlles a adquisición de novidades editoriais, a mellora das súas coleccións e organizar de actividades de dinamización.

Do diñeiro destinado, 350.000 euros investirase no programa de mellora das coleccións para facelas máis actuais, completas e diversificadas. A Xunta prevé amplialo até 550.000 cos fondos europeos.

Con todo, a convocatoria ten novidades. Establécese un mínimo de 1.500 euros que cada biblioteca para libros en formato impreso, requírese a incorporación de material inclusivo para persoas con discapacidade e, como esixencia do Ministerio de Cultura, polo menos
o 50% debe destinarse a adquirir obras en castelán.

A obrigación das bibliotecas será a incorporación das novas publicacións ao seu catálogo nun máximo de 12 meses e garantir a súa dispoñibilidade ao longo de, polo menos, cinco anos.

Outra liña de axudas céntrase en que os usuarios das bibliotecas "dispoñan das novidades en galego desde o momento da súa entrada no mercado" e ten destinada un investimento de 200.000 euros. En canto ao diñeiro que recibirá cada biblioteca dependerá da
poboación que atendan.

A selección dos títulos en galego farana as propias bibliotecas a través da plataforma dixital creada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade e permanecerá aberta até o 31 de setembro.

PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DA LECTURA

O último programa está centrado na dinamización da lectura e en fomentar o hábito lector en toda Galicia "consolidando un sistema bibliotecario robusto e sólido", así como impulsando unha descentralización da vida cultural.

Para o devandito programa, chamado 'Ler conta moito', o Goberno galego destinou 195.000 euros para que as empresas e profesionais poidan propor distintas actividades de dinamización da lectura en bibliotecas públicas.

Os concellos beneficiarios deben desenvolver un mínimo de dúas actividades no marco de 'Ler conta moito 2022' e por elas poderán recibir unha compensación que cubra até o 75% dos gastos.

A Xunta abriron até o 21 de febreiro o prazo para solicitar as axudas e como novidade este ano mellorou a web do programa, creando un espazo no que os profesionais poden ofertar os seus proxectas e as bibliotecas seleccionalas e programalas.

'EDUREFERENTES'

Por outra banda, 20 centros educativos do catro provincias galegas van participar na iniciativa 'EduReferentes'. Trátase dun programa dirixido aos centros públicos co que se busca "dar a coñecer o papel de referentes femininas nas aulas e contribuír así a favorecer a igualdade desde unha idade temperá".

A iniciativa está dirixida á ESO e formación Profesional Básica, e espérase que, a través de charlas e sesións de 50 minutos con referentes galegas de éxito, os mozos poidan coñecer novas referencias femininas no ámbito profesional para poder ter "unha orientación vocacional libre de estereotipos de xénero".

No caso de facerse mentorías individualizadas, os centros participes seleccionarán a cinco alumnos que serán acompañados por unha referente no seu ámbito. A mentora apoiará ao alumno nas súas habilidades e ao finalizar obterá un diploma acreditativo.

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado