A Xunta formaliza no DOG a "integración" do CEIP Pino do Val e de Baamonde de Mazaricos e Begonte

Archivo - Arquivo - Neno xoga nun centro educativo
XUNTA - Archivo
Europa Press Galicia
Publicado: viernes, 6 agosto 2021 14:18

SANTIAGO DE COMPOSTELA 6 Ago. (EUROPA PRESS) -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a orde do 22 de xullo pola que se modifican as unidades e os postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade nos niveis de educación infantil, primaria e especial.

Nel, recóllese a "integración" do CEIP do Pino do Val de Mazaricos no CPP Plurilingue da Picota, do mesmo municipio, e do CEIP de Baamonde de Begonte no CEIP Virxe do Corpiño, do mesmo concello.

Tamén a modificación das unidades e os postos de traballo docentes das escolas de educación infantil, colexios de educación primaria, colexios de educación infantil e primaria e dos centros públios integrados, unha medida que afecta a 33 centros da provincia da Coruña; oito da de Lugo; nove da de Ourense e 25 da de Pontevedra.

O mesmo publícase para os colexios rurais agrupados: dez na provincia da Coruña; dous na de Ourense e sete na de Pontevedra, de acordo co recoller no DOG.

As medidas publicadas na orde fanse, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia, "para adaptar a organización dos centros docentes ás necesidades efectivas da poboación escolar e as esixencias duns cadros de persoal que incidan na atención á diversidade coa introdución de profesorado especialista e a mellora da súa oferta educativa".

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado