A Xunta irá aos tribunais para reclamar máis de 2 millóns en custos polo dano ambiental dos pélets

A conselleira de Medio Ambiente,  Ángeles Vázquez, no pleno do Parlamento
XUNTA
Europa Press Galicia
Publicado: martes, 8 julio 2025 14:07

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Jul. (EUROPA PRESS) -

   A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, anunciou a decisión da Xunta de ir aos tribunais para "impugnar" a decisión do Estado de non iniciar procedemento de existencia de responsabilidade polo dano ambiental e os custos xerados a raíz da vertedura de pélets que afectou á costa galega entre finais de 2023 e comezo de 2024.

   No pleno do Parlamento, a conselleira explicou que o pasado 4 de xullo remitiu unha carta á vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen, na cal lle dá traslado dun requirimento previo á vía contenciosa administrativa "ante a negativa de iniciar este proceso, un proceso que é de responsabilidade ambiental".

   A conselleira cifrou este martes en 2,5 millóns o custo do operativo que puxo en marcha en máis de 630 praias de 66 concellos costeiros polos pélets procedentes dun colector que o buque mercante Toconao perdeu en decembro de 2023 fronte á costa de Portugal.

   Todo iso nunha intervención na que deu conta de medidas a pór en marcha en Galicia con motivo das competencias de xestión da costa, onde fixo un chamamento aos grupos a sumarse a "un pacto galego polo litoral".

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado