A Xunta leva á Xustiza o 'non' do Goberno a informala do proceso europeo pola prórroga da AP-9

Reunión do Consello da Xunta.
DAVID CABEZÓN @ XUNTA
Europa Press Galicia
Publicado: lunes, 23 febrero 2026 13:46

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 23 Feb. (EUROPA PRESS) -

   O Goberno galego acordou este luns recorrer á Audiencia Nacional (AN) ante a "negativa" do Goberno central a darlle información en relación ao proceso aberto en Bruxelas pola prórroga da AP-9.

   Así o ratificou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao termo da reunión semanal do Executivo, nunha comparecencia de prensa na que incidiu en que Bruxelas non só cuestiona o cumprimento da normativa comunitaria, senón que a Comisión Europea advertiu que España podería ser levada ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea se non adopta medidas.

    Rueda recalcou que o Goberno galego pediulle de forma reiterada ter acceso ás alegacións estatais a este proceso sobre unha prórroga autorizada no seu día por un Executivo estatal liderado entón polo 'popular' José María Aznar, ao entender que se trata de "un asunto de máximo interese" para a Comunidade.

    Ante a "negativa" estatal a facilitarlle estes datos, o presidente galego ratificou que á Xunta non queda "outro remedio" que actuar pola vía xudicial.

    Deste xeito, explicou que presentará un recurso na Audiencia Nacional para tratar de que se "obrigue" ao Executivo que dirixe Pedro Sánchez a trasladar ao Goberno autonómico os detalles que demanda. "Lamentamos que teña que ser así", resolveu.

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado