A Xunta móstrase "en condicións" de "moverse" da súa posición sobre política lingüística para chegar a un acordo

A Consellería entrega o documento ao presidente da RAG, que dá conta da situación "delicada" da lingua e do "desacordo político"

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reúnese co presidente da RAG, Henrique Monteagudo, a 16 de xullo de 2026.
XUNTA DE GALICIA
Europa Press Galicia
Publicado: jueves, 16 julio 2026 13:39

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Jul. (EUROPA PRESS) -

   O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, pediu á oposición política un "esforzo especial e extraordinario" sobre as cuestións abordadas na proposta da Xunta para actualizar o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega e reclamoulles que entendan este documento como "un paso adiante" por parte do Goberno galego.

   "Creo que hai pasos importantes onde este documento acredita que estamos en condicións de movernos da nosa posición para tentar poder chegar a unha negociación e ao acordo que nos demanda a sociedade galega", clarificou o responsable autonómico. O mércores xa se mostrou aberto a negociar aspectos como o galego na educación "sempre que haxa unanimidade" e, agora, insistiu en que non será "unha liña vermella".

   Este xoves, un día despois da súa presentación pública nun acto multitudinario, o titular de Lingua entregou ao presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, a versión impresa do plan, de case 400 páxinas e con 700 medidas expostas. Este último, aínda que indicou que non pode valorar o documento porque aínda non puido analizalo, pensa que "é de confiar" que conteña propostas "moi útiles".

   Monteagudo lembrou que a institución que dirixe xa propuxo con anterioridade a necesidade dun pacto en relación á situación "delicada" do galego e a outros factores, como o "desacordo político importante". "A grandes males, grandes remedios", suxeriu. Respecto diso de como este "se vai a traducir en medidas de goberno", o director da RAG cre que iso "xa é outra fase distinta da acción de goberno".

    Precisamente, a oposición política recibiu negativamente o documento: a líder do BNG, Ana Pontón, cualificou o acto de "propaganda" e acusou á Xunta de "tapar 17 anos de políticas contra o galego e a deputada do PSdeG Silvia Longueira tachou o documento de "tapadeira".

"UN ESFORZO ESPECIAL E EXTRAORDINARIO"

   López Campos cre que estas primeiras declaracións "poden ser froito do descoñecemento", dado que considera "imposible" analizar "en profundidade" un documento "tan complexo" en tan pouco tempo. Por iso, espera que exista a "tranquilidade" para analizar a situación e "debater a diverxencia". "Evidentemente hai posicións distintas", admitiu.

   "Do mesmo xeito que onte a sociedade avalou un documento que é un pacto social co noso idioma, os propios políticos temos que deben facer un esforzo especial e extraordinario e por tentar manter unha vía de diálogo e de acordo", pediu o conselleiro, que engadiu: "É moito máis o que nos une do que nos separa".

   Preguntado en concreto polo disenso político polo decreto do plurilingüismo --que deixa ao castelán as materias de ciencias--, o conselleiro insistiu en que cinguir o plan a esta cuestión é "unha visión reduccionista", aínda que remarcou que en ningún caso suporá "unha liña vermella" para alcanzar o acordo.

   Deste xeito, do mesmo modo que xa fixo o mércores, indicou que o Goberno galego está disposto a realizar "axustes" nas distintas normas "sempre que se dean as condicións dun acordo" e de "equilibrio lingüístico", que entende que é "o que quere" a sociedade galega. "O documento leva aparellado un movemento nesa dirección que creo que se debería recibir así", insistiu.

PERDA DE FALANTES

   No seu diagnóstico sobre a situación actual, ademais do "desacordo político", o presidente da RAG aludiu a que existe unha perda de falantes pola "falta de transmisión intergeracional"; por cambios de lingua, e pola aparición de novos medios, que "teñen un impacto moi grande na infancia".

   Nunha liña similar, López Campos situou o contexto actual "nun escenario completamente distinto" ao do anterior plan (aprobado de forma unánime no 2004), cunhas formas de transmisión "totalmente cambiadas". Esta é a lectura que trasladou o acto de presentación, referendado por diversos materiais e audiovisuais e o propio coordinador do plan, o catedrático Manuel González.

   Tamén mencionou os datos recoller en 2023 por Instituto Galego de Estatística (IGE), que fixou que por primeira vez a poboación que fala sempre galego era minoritaria na comunidade. Este é un suposto que González situou como o "punto de inflexión" que deu lugar ao Pacto pola Lingua e, consecuentemente, ao documento elaborado, que para o conselleiro é "moi ambicioso".

Contador

Últimas noticias sobre estos temas

Contenido patrocinado