1107852.1.260.149.20260730133518
Reunión entre a Consellería de Educación e as universidades para pactar o novo modelo da PAU galega, a 30 de xullo de 2026. - CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Jul. (EUROPA PRESS) -
A Xunta e as tres universidades pecharon o acordo para reformar a estrutura de organización da Proba de Acceso á Universidade (PAU). A principal novidade é que os grupos de traballo de redacción e corrección das probas estarán constituídos por un máximo de dous docentes das universidades públicas e un máximo de catro profesores de Bacharelato, que gañarán peso respecto ao modelo anterior.
O novo pacto dará lugar á creación de dous órganos complementarios: a comisión organizadora estará integrada pola Xunta e as universidades e encargarase das directrices xerais dos éxamenes; e a comisión técnica será a responsable das tarefas loxísticas e operativas da PAU.
Segundo o comunicado da Consellería de Educación, este segundo órgano estará integrado por dúas persoas "de recoñecida experiencia na docencia e xestión de probas de acceso" a proposta da Xunta e polas persoas que ocupen a presidencia e a secretaria do Tribunal Único, órgano da Comisión Universitaria de Galicia (CIUG). Á súa vez, esta entidade seguirá, como até agora, seguirá desempeñando as funcións de elaboración, custodia, distribución e corrección das probas.
Entre outros, a comisión técnica publicará os modelos de exame de cada materia e os criterios xerais de avaliación e resolverá as reclamacións relativas a cuestións de natureza distinta ás cualificacións. Así mesmo, proporá á comisión organizadora os membros dos grupos de traballo --que redactan os exames--, das comisións delegadas --que os realizan en cada unha das sedes-- e dos tribunais cualificadores --que os corrixen--.
((Haberá ampliación))