Actualizado 08/10/2007 11:47

O Servizo de Vixilancia da Saúde da USC iniciará hoxe a vacinación antigripal para persoas do grupo de risco

Galicia Actual

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Oct. (EUROPA PRESS) -

O Servizo de Vixilancia da Saúde da Universidade de Santiago (USC), en colaboración co Servizo Galego de Saúde, porá en marcha hoxe a campaña de vacinación antigripal e antineumocócica dirixida ao Persoal de Administración e Servizos e docentes da institución académica pertencentes ao grupo de risco de menores de 65 anos.

Este servizo atopa no Pavillón Estudantil do campus sur compostelano en horario de 12.00 a 14.00 horas e no de Lugo no Pavillón na Facultade de Veterinaria de 10.00 a 12.00 horas.

As vacinas, que se administrarán sen previa cita e sen necesidade de acudir sen xantar, se dirixen a persoa que pertencen a grupos de risco e deberán pospoñerse cando exista unha enfermidade respiratoria aguda ou unha manifestación febril.

Forman parte do grupo de risco para a vacinación antigripal as persoas con enfermidades crónicas pulmonares ou cardiovasculares, con procesos crónicos doutra índoles, con compromiso respiratorio con risco de aspiración ou con enfermidades metabólicas crónicas incluíndo diabete mellitus, insuficiencia renal, hemoglobinopatías e anemias ou inmunodeficiencias. As embarazadas e adolescentes con tratamentos prolongados de ácido acetil salicílico ten tamén maior risco de desenvolver a síndrome de Reye tras unha gripe.

No caso de vacinación antineumocócica, no grupo de risco inclúense persoas inmunocompetentes de ata 64 anos con patoloxías crónicas como doenzas cardiovasculares, enfermidades pulmonares, diabete mellitus, alcoholismo e enfermidades hepáticas. Tamén se inclúen as persoas con VIH positivo, leucemia, insuficiencia renal crónica ou receptores de transplante de medula ósea, entre outras.