Innova.- A campaña para difundir as novas tecnoloxías "Todos.es" chega hoxe ao Concello de Oleiros

Actualizado: miércoles, 25 enero 2006 11:41

A CORUÑA, 25 Ene. (EUROPA PRESS) -

A campaña "Todos.es", que promove o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para fomentar e difundir as novas tecnoloxías, chegará hoxeao Concello de Oleiros (A Coruña). Esta iniciativa está dirixida sobre todo ás persoas e colectivos menos familiarizados coas posibilidades que ofrece internet.

A iniciativa desenvolverase no Centro de Formación de Oleiros dende hoxe e ata o 30 de xaneiro. Para a súa difusión, a organización do evento contactou coas diferentes entidades locais, terceira idade, Apas, comunidade escolar e asociacións veciñais de Oleiros e concellos limítrofes.

Esta campaña desenvolve dúas modalidades complementarias de ensino para a formación dos participantes en función do tipo de aula elexida para as sesións teórico-prácticas. Unha das modalidades é en zonas públicas e outra en aulas fixas, opción elexida polo Consistorio de Oleiros, que concentrará ós asistentes nas instalaciones do Centro Municipal "Isaac Díaz Pardo".