As Mocidades da Mesa pidelle a Política Lingüística que garanta ao ano "un mínimo" de dez dobraxes de cine en galego

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 6 julio 2006 18:56

SANTIAGO DE COMPOSTELA 6 Jul. (EUROPA PRES) -

As Mocidades da Mesa consideran "inexplicable" que un ano despois do cambio de goberno na Xunta, a actual Secretaría Xeral de Política Lingüística manteña a mesma política de dobraxes que o PP. Este colectivo esíxelle a este departamento que cumpra co Plan Xeran de Normalización da Lingua Galega (PXNGL) e garanta ao ano "un mínimo" de dez dobraxes de cine en galego.

Segundo a sección xuvenil da Mesa, esta semana estréase 'Cars', o último filme da Disney, en catalán e castelán, "mais sen versión en galego porque a Xunta non se puxo en contacto coa distribuidora". Asegura que a empresa tense manifestado en diversas ocasións moi receptiva a estrear os seus filmes en galego "sempre e cando a Xunta lle garanta que non vai perder cota de mercado nas traducións, tal e como acontece no caso da Generalitat".

Neste contexto, a responsable nacional das Mocidades da Mesa, Iria Taibo, enviou unha carta á Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Presidencia da Xunta, para demandar que se "active na promoción da dobraxe de cinema para a nosa lingua". "Resulta inexplicábel que un ano despois do cambio de goberno, o departamento responsábel de política lingüística continúe sen preocuparse dun sector tan influente socialmente como o cinematográfico", denuncia.

Iria Taibo aseguroulle ao Goberno galego que existe disposición por parte das distrubuidoras para as dobraxes en galego. Así, as Mocidades da Mesa afirman que continuarán "na defensa do acordo parlamentario de 2004 --o PXNLG-- que sinala que se deben dobrar un mínimo de dez filmes en galego ao ano, de entre aqueles que ofrecen maiores expectativas comerciais".

Contenido patrocinado