A CORUÑA, 11 Ago. (EUROPA PRESS) -
O portavoz municipal do BNG, Antón Tenreiro, presentará ao pleno municipal de Oleiros (A Coruña) unha proposta para facer públicas as declaracións de bens e intereses de todos os concelleiros e concelleiras que tivo a corporación na presente lexislatura e que deberán ser colgadas na web institucional municipal e ser publicadas polo xornal municipal 'Vivir en Oleiros'.
O Goberno galego, según informou o BNG, estudia a aprobación dunha lei que atinxa non só aos cargos electos senón tamén aos altos postos da administración. Ademáis, os nacionalistas lembraron que o portavoz nacional, Anxo Quintana, ten a disposición do público a súa declaración na sede nacional do BNG.
"Agardamos que polo ben da imaxe pública do concello, pola eliminación de calquer tipo de sospeita ao respeito da honestidade dos cargos de representación pública municipais e pola transparencia, o resto das forzas políticas se sumen á nosa iniciativa e fagan públicas as declaracións dos membros dos seus grupos municipais ao longo desta lexislatura", declarou o BNG.
Independentemente da aprobación plenaria da moción, o BNG publicará a partir da vindeira semana, a declaración de bens e intereses así como saldos medios de contas bancarias e follas de pago do IRPF do portavoz municipal, Antón Tenreiro Ferreiro.
HONESTIDADE
"Os cidadáns de Oleiros", aseguraron os nacionalistas, "teñen todo o dereito a esixir daqueles que os representan a honestidade e transparencia que debe rexir a vida pública e, polo tanto, unha acción tan simple como a publicitación da obligatoria declaración de bens non debera de supor ningún tipo de problema para ningún dos grupos políticos representados na Cámara Municipal".
Os miembros do BNG sinalaron que esta iniciativa non é nova xa que na comunidade de Extremadura, onde goberna o PSOE con maioria absoluta, fanse públicas as declaracións ao comezo e ao remate da lexislatura.