Caixanova promove o uso do galego entre os nenos con un tren que inicia mañá en Santiago a súa marcha por Galicia

Actualizado: lunes, 20 marzo 2006 19:38

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Mar. (EUROPA PRESS) -

Caixanova promove o uso do galego entre os nenos de 5 a 8 anos de idade cun tren que inicia mañá os seu percorrido desde Santiago e no que viaxarán máis dun milleiro de cativos repartidos en cinco viaxes.

Na primeira saída contarán coa participación do escritor Víctor Freixanes e o director de Organismos e Institucións de Caixanova en Santiago, José María Pérez Bazús. Nun comunicado, esta caixa salientou que o tren viaxará a Vilagarcía de Arousa e, nel, os nenos estarán acompañados de pallasos, contacontos e grupos de animación que amenizarán diversas actividades.

O obxetivo é incentivar aos nenos a expresarse en galego, así como dar a coñecer a historia do tren en Galicia e as súas vantaxes como medio de transporte público. Asemade, os cativos participantes recibirán como agasallo a publicación "O Tren Sorpresa".

Caixanova organizará 45 viaxes en ferrocarril ata xuño entre as principais cidades galegas nas que participarán máis de 9.000 cativos en total. Escritores en lingua galega participarán no primeiro percorrido que saia de cada unha das estacións de tren.

Neste primeiro percorrido participarán 200 alumnos do CPR La Inmaculada, EEI de Camporrapado, CEIP A Escardia, CEIP Raíña Fabiola, e CEIP de Lestedo.