A cidade alemá de Treveris conclúe a homenaxe ao galeguista Lois Tobío coa que celebrou o 'Día de Galicia'

Europa Press Galicia
Actualizado: sábado, 20 mayo 2006 20:17

SANTIAGO DE COMPOSTELA 20 May. (EUROPA PRESS) -

A lingua e a cultura galegas festexáronse entre onte e hoxe na cidade alemá de Tréveris durante O 'Galicien Tag', o 'Día de Galicia', nun evento no que a Consellería de Cultura colaborou coa universidade de Tréveris para organizar as actividades, que este ano homenaxearon ao galeguista histórico e tradutor Lois Tobío.

Lois Tobío figurou entre os fundadores do Seminario de Estudos Galegos e participou na redacción do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de 1931. En 1932 ingresou na carreira diplomática e, tras o golpe de estado de Franco, tivo que exiliarse. Tobío traduciu para o galego obras de grandes autores alemáns: Goethe, Heller e Rilke.

Ademais, no marco do 'Galicien Tag' tivo lugar un congreso científico internacional de onomástica galega e o concerto do grupo de música santiagués Resonet, que interpretou pezas tradicionais do folclore galego.

Contenido patrocinado