O concello de Oleiros (A Coruña) acolle hoxe os actos de homenaxe a Alexandre Bóveda dentro do Día da Galiza Mártir

Actualizado: jueves, 17 agosto 2006 11:56

A CORUÑA, 17 Ago. (EUROPA PRESS) -

A Praza da Liberdade na parroquia de San Pedro de Nós en Oleiros (A Coruña) acollerá esta tarde os actos de homenaxe a Alexandre Bóveda no Día da Galiza Mártir. Os actos consistirán nunha ofrenda floral aos monumentos na memoria de Xaquín Taboada, paseado oleirense na Guerra Civil, e Alexandre Bóveda.

Outro dos actos previstos para a xornada é a inauguración da rúa Alexandre Bóveda na zona de Catro Camiños da Coruña no que participarán membros do Goberno local herculino e da Asociación Cultural Alexandre Bóveda.

As actividades neste concello contarán coa participación do concelleiro de Normalización Lingüística de Oleiros, Antón Tenreiro, do presidente da agrupación cultural Alexandre Bóveda, Francisco Peña, e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane.

O acto pecharase coa actuación musical de Romero, Baamonde e Lamas, que interpretarán a marcha do Antergo Reyno de Galiza e o Himno Galego. Esta ofrenda está enmarcada dentro das actuacións previstas pola Recuperación da Memoria Histórica e doutros actos de homenaxe que se realizarán ese mesmo día na comarca da Coruña.