Cultura negocia incrementar as publicacións galegas nas bibliotecas de todos os centros do Instituto Cervantes

Bugallo destaca que "hai que respetar" os "nomes legais" de Galicia

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 26 enero 2006 15:46

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Ene. (EUROPA PRESS) -

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, salientou hoxe que o seu departamento negocia co Instituto Cervantes a posibilidade de incrementar as bibliotecas de todos os centros deste organismo público con publicacións da literatura galega.

Durante a presentación dunha exposición do Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) no Instituto Cervantes de Bulgaria, Bugallo destacou que a Xunta e esta institución "traballan" para "intercambiar" publicacións. Deste xeito, as bibliotecas galegas contarían con libros do Instituto Cervantes, e os centros que ten espallados por todo o mundo aumentaría os títulos en galego.

Ademáis, lembrou que a súa consellería está a elaborar un "plan de promoción exterior da cultura" que prevé utilizar, ademáis das infraestructuras do Instituto Cervantes, "outros espazos como son as Casas de Galicia ou as cátedras e centros de estudo universitarios de todo o mundo".

Neste senso, o director de Cultura do Instituto Cervantes, Xosé Luís García Canido, que tamén participou neste acto, anunciou que a biblioteca que este centro abrirá en Bulgaria contará xa cunha dotación de 500 volumes de literatura galega. Así, suliñou que este organismo público dispón dunha "dotación para cada unha das línguas do Estado" e indicou que a elección destes libros foi obra do departamento de Língua Galega da Universidade de Santiago (USC).

Asemade, García Canido destacou que nos centros do Instituto Cervantes tamén se ensinan os idiomas das tres nacionalidades históricas; galego, catalán e vasco.

DEFENSA DO GALEGO

Bugallo salientou que un dos principais obxectivos do seu departamento é promocionar a cultura e a língua galega. Neste sentido, lembrou a necesidade de respetar os "nomes legais" de Galicia. Preguntada sobre a utilización e a difusión da toponimia oficial nos centros culturais galegos e españois, suliñou que "non hai nada que haxa que discutir".

Así, apuntou que a utilización de A Coruña ou Ourense é unha "cuestión legal". "Hai uns nomes legais que hai que respetar", engadiu.

Neste senso, o director de Cultura do Instituto Cervantes puntualizou que este organismo respeta a toponimia galega. "Hai unha lexislación e simplemente se respeta. Non é unha cuestión persoal", apuntou e destacou que o catálogo da exposición do CGAC vai ir en galego, castelán, inglés e bulgaro.

Contenido patrocinado