SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Mar. (EUROPA PRESS) -
A Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega (CCG), a través dun estudio, constata que a lingua galega segue a ser "a máis utilizada" en Galicia, ainda que hai unha disminución xeral no seu uso. Nembargantes, o coordinador deste departamento e un dos codirectores do estudo, Henrique Monteagudo, afirmou que a histórica perda de galego falantes se está a frear.
O presidente do CCG, Alfonso Zulueta de Haz, e o coordinador da Sección de Lingua da institución, Henrique Monteagudo, presentaron hoxe o informe 'A Sociedade Galega e o Idioma. A Evolución Sociolingüística de Galicia (1992-2003)'. Zulueta agradeceu hoxe o traballo do equipo da Sección de Lingua encargados do estudo e subliñou que a realización deste estudo polo CCG supón "un paso máis pola defensa da lingua".
A obra ofrece unha radiografía actualizada e profunda da situación do galego tomando como datos de partida a Enquisa de Condicións de Vida das Familias de 2004 do Instituto Galego de Estatística (IGE) e o Mapa Sociolingüístico de Galicia, elaborado once anos antes. Ao respeto, Monteagudo resaltou que se poidan comparar os datos de ambos estudos e facer "o primeiro balance dos máis de 20 anos de autonomía e de emprego do galego". O informe indica que desde 1992 a 2003 o seu uso decreceu, pero sen que esa diminución impida que continúe a ser a lingua máis usada. O grupo máis numeroso é o dos falantes monolingües en galego --o 38,7% en 1992 e o 44% en 2005-- pero o galego como lingua habitual segue descendendo conforme diminúe a idade dos individuos.
INSTITUCIONALIZACIÓN DO GALEGO
Henrique Monteagudo explicou que "continúan as inercias históricas de perda de falantes, pero esta tendencia estase freando e incluso invertendo polo que podemos estar ante unha situación na que a perda de falantes estea a tocar fondo".
Tamén apuntou que o informe recolle a influencia da institucionalización do galego, xa que explicou que as competencias lingüísticas para o galego --leer e escribir-- aumentaron de forma considerarable. Monteagudo apuntou que a competencia é maior "canto menor idade", polo que constatou a influencia da escola".
Malia que o galego descende en todos os usos familiares, a lingua cos fillos é a que menos baixa e a parella segue sendo un tipo de interlocutor que favorece considerablemente a utilización do castelán, constata este estudo de 'A Sociedade Galega e o Idioma. A Evolución Sociolingüística de Galicia (1992-2003)', realizado polo CCG.
GALEGO, LINGUA INICIAL
No tocante á lingua materna, hoxe hai menos falantes iniciais de galego que hai once anos, pero o galego segue sendo a lingua inicial da maioría. Segundo este informe, en 1992 o galego era a lingua inicial do 53,7% dos enquisados, frente a 62,4% de 2005. No caso do castelán como lingua inicial, pasouse do 28,8% dos enquisados ao 25,6%.
Por idades, existiu unha tendencia histórica a que cada xeración perdese falantes iniciais de galego, tendencia que parece remitir nos individuos máis novos. Como ocorre cos usos lingüísticos, parece que a sociedade galega tende a non perder máis falantes iniciais.
O estudo tamén constata un aumento moi importante das competencias escritas, dobrándose a poboación que declara escribir ou ler ben ou moi ben. Malia a isto, segundo os autores do informe, cómpre destacar que os máis novos teñen unhas mellores competencias lectoras ca orais, sendo mesmo superados nesta última destreza polos individuos non escolarizados, o que pode indicar as destrezas orais en galego non están constituíndo un obxectivo prioritario na educacións.
POR PROFESIÓNS
Xa no ámbito laboral, o estudo sinala que as profesións máis castelanizadas son aquelas relacionadas coas forzas armadas e a Xustiza. Os empresarios, profesionais sanitarios, e os dependentes dos comercios están moi relacionados co castelán, excepto cando falan con subordinados, clientes ou pacientes, onde se recollen unhas medias sensiblemente máis favorables para o galego.
Os docentes tamén falan preferentemente castelán. Os profesionais do transporte e da metalurxia, os comerciantes, os traballadores da hostalería, os directivos da administración e os pequenos empresarios falan preferentemente máis galego ca castelán, pero baixan a media da súa lingua habitual cando falan con superiores.
As profesións que usan mais o galego son os hostaleiros, os traballadores da alimentación e o téxtil, os profesionais da construción, e os que conforman o grupo dos traballadores da agricultura, a minaría e a pesca.
En relación a este asunto, Monteagudo destacou hoxe que o mundo da Xustiza, do Dereito e da Sanidade "non poden vivir de costas ao proceso de normalización lingüística con actitudes de resistencia ou rexeitamento, xa que é unha obriga profesional". Declarou que estes profesionais deben atender á xente que se dirixe a eles en galego nesta lingua.
POR CIDADES
Atendendo ao ámbito urbano, as cidades en que aqueles que aprenderon a falar en castelán constitúen o grupo máis numeroso son, de menor a maior e por este orde, as seguintes: Ferrol, Vigo, A Coruña e Santiago. Pola contra, Lugo, Ourense e Pontevedra, na mesma orde, son as cidades onde os falantes iniciais de galego son o grupo principal.
O informe engade que as cidades en que o grupo maioritario é monolingüe en castelán son, por este orde: A Coruña, Vigo, Santiago e Pontevedra. Lugo e Ourense son as cidades más galeguizadas.
Neste datos, segundo o CCG, hai que ter en conta a situación sociolingüística da inmigración residente en Galicia. Este colectivo ten, en xeral, unhas boas competencias en galego, entendendo case todos o galego falado, e sendo unha pequena minoría os que non son capaces de falalo. Tocante á lingua habitual, a maioritaria é o castelán, sobre todo entre os que naceron nunha comunidade española distinta de Galicia. Entre os nados no estranxeiro, máis da terceira parte fala exclusiva ou preferentemente galego.
MÁIS MONOLINGUES EN GALEGO
O informe tamén aborda a cuestión dos individuos que cambiaron de lingua habitual durante o seu ciclo vital. Os individuos que declaran ter cambiado de lingua son moitos menos do que se esperaba. A maioría declarou facelo cara ao galego, en maior ou menor medida, pese a que as diferenzas cos que se decantaron polo castelán son pequenas.
Os que se decantaron por prácticas monolingües tamén o fixeron en maior medida cara ao galego. Con todo, a tendencia maioritaria é á incorporación dunha segunda lingua no repertorio dos falantes, é dicir, cambiar dun uso monolingüe dalgunha das linguas --galego ou castelán-- a un uso bilingüe.
Por último, o responsable da Sección de Lingua do CCG destaca que estamos ante un novo tipo de galegof alante, que elixe o idioma no que quere expresarse e que ten competencias para empregalo nun clima social menos coercitivo para o galego. Neste contexto, reclamou máis ocasións na vida diaria para o seu uso e máis motivación.