VIGO 4 Abr. (EUROPA PRESS) -
A editorial Galaxia e a Fundación Caixa Galicia presentaron hoxe nas instalacións da Fundación en Vigo os libros 'Á marxe, 1992. Obra xornalística completa I' e 'Á marxe, 1993. Obra xornalística completa II', que recollen os artigos do finado escritor galego Carlos Casares.
No acto participaron o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez; o director da editorial Galaxia, Víctor Freixanes; o presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz; o director de La Voz de Galicia, Xosé Luis Vilela; e o secretario do padroado da Fundación Carlos Casares, Hakan Casares.
Nestes dous volumes recóllense os textos de Casares que engaiolaron a miles de lectores durante anos, caracterizados pola orixinalidade, vontade de estilo e un discurso particular.
Os artigos, publicados na columna 'Á marxe' de La Voz de Galicia, non se consideran nesta recopilación como un conxunto de títulos illados, senón coma unha proposta única, unha novela aberta e dinámica, instalada no discurso xeral do tempo que lle tocou vivir ó escritor.