Hércules Ediciones publica unha recompilación de contos tradicionais que "reflicte o seu significado" na cultura

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 5 mayo 2006 18:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA 5 May. (EUROPA PRESS) -

Hércules Ediciones S.A. presentou hoxe unha nova publicación baixo o título 'Galicia de conto', que constitúe unha recompilación de contos tradicionais que "reflicten o seu significado" no mundo cultural na actualidade.

Así o sinalou un dos autores desta publicación, Manuel Quintáns Suárez, na presentación do novo título celebrada no Museo do Pobo Galego, que se suma á colección 'Galicia para soñar', e no que se amosa unha análise minuciosa destas narracións orais dende unha perspectiva antropolóxica mediante unha clasificación temática "sinxela" coa que os lectores "se poden identificar".

Pola súa parte, outro dos autores de 'Galicia de conto', Xosé Manuel González Reboredo, expresou que se trata dun conxunto de relatos nos que se plasman ilusións e crenzas, "por redundancia na sociedade". Asemade, indicou que esta antoloxía recolle o "pobo auténtico" e o reflicte á "sociedade do asfalto" para que o lembre.

Porén, González Reboredo manifestou a súa preocupación por que a cultura tradicional se estea a transmitir en lingua castelá, polo que invitou aos funcionarios, empregados e propietarios da empresa privada, e ao conxunto da sociedade a realizar este labor en galego.

"GALICIA SOÑA DISTINTO"

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, salientou que Galicia conta "cunha cultura diferente" xa que o pobo galego "soña distinto". Por estes motivos, Bugallo indicou a importancia deste título xa que constitúe una "representación da materia da que está feita a sociedade".

Ademais, Bugallo aproveitou a presentación de 'Galicia de Conto' para lembrar "a necesidade achegarse a cultura propia" da sociedade galega e "a importancia do estudio e da conservación" do patrimonio, así como a súa transmisión.

Durante a presentación, interviu o contacontos Quico Cadaval, do que se incluíu un relato no libro, que calificou a súa aparición como un "acto de amizade", razón pola que aceptou a transcrición do "conto" á obra literaria.

Esta iniciativa contou coa colaboración da Consellería de Cultura, que participou na recompilación do material do libro. Asemade, O Museo do Pobo Galego, a través dos representantes da conservación do patrimonio galego, mostraron o seu apoio para o impulo da cultura galega.

Contenido patrocinado