Inauguran unha escultura adicada ao Loro Ravachol, "alma do Entroido de Pontevedra"

Actualizado: jueves, 23 febrero 2006 21:15

PONTEVEDRA 23, (EUROPA PRESS)

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, e o escultor José Luis Penado descubriron unha escultura que este último realizou en ferro en homenaxe ao Loro Ravachol, símbolo do entroido na cidade. A escultura, situada na praza da Peregrina, sitúa a figura do loro sobre un mástil de dous metros que na súa base leva a inscrición "Ravachol, alma do entroido de Pontevedra".

O autor da obra amosouse "moi contento" co resultado da ubicación, no lugar que ocupaba en 1913 a botica de Perfecto Feijóo na que o loro Ravachol se converteu "nunca lenda popular", dixo Penado. Trátase dunha escultura realizada en ferro, material preferido polo artista, que tiña un avó ferreiro.

Pola súa parte, o alcalde da cidade sinalou que a ubicación do conxunto escultórico "vai ser un éxito" tanto para os pontevedreses coma os turistas e amosouse convencido de que vai ser "un dos máis fotografados da cidade". Fernández Lores referiuse ao loro Ravachol como unha figura "que forma parte xa da historia de Pontevedra e sobre todo do seu entroido".

O rexedor local engadiu que o obxectivo de inmortalizar a figura de Ravachol era "encher de contido os espazos públicos da cidade gañados para o cidadán e que os cidadáns recorden".