Máis de 4.300 persoas participaron no concurso 'Entra e navega', que remata o vindeiro 31 de xaneiro

Actualizado: sábado, 21 enero 2006 19:27

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Ene. (EUROPA PRESS) -

Un total de 4.335 persoas participaron xa no concurso 'Entra e navega', organizado pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual no mes de outubro para achegar Internet aos cidadáns e que remata o vindeiro 31 de xaneiro.

Polo de agora tomaron parte na iniciativa 1.689 persoas da provincia da Coruña; 1.121 en Pontevedra; 829 en Lugo; e 696 en Ourense. Os premiados daranse a coñecer o vindeiro 6 de febreiro na propia web do certame (www.entraenavega.rbgalicia.org).

O concurso baséase nos xogos interactivos 'Xerencia de biblioteca' e 'Camiño de bibliotecas', no que participaron 120 bibliotecas de toda a comunidade, 46 da provincia de A Coruña; 26 de Lugo; 22 de Ourense; e 26 de Pontevedra.

O obxectivo do primeiro dos xogos é presentar, dende un punto de vista lúdico, activo e participativo, o traballo dun bibliotecario e amosar a habilidade do concursante no uso de Internet. Pola súa banda, o xogo 'Camiño de bibliotecas' pretende promover que o concursante visite físicamente cinco bibliotecas galegas con acceso á Rede.