A CORUÑA 19 May. (EUROPA PRESS) -
A Consellería de Medio Ambiente puxo en coñecemento do Concello de Oleiros a apertura dun expediente sancionador contra un veciño do termo municipal por incurrir no que estima "unha falta moi grave" polo abandono dun can de raza perigosa, concretamente un pigbull. A consellería notificou este feito ó consistorio, así como o importe da multa, que ascende a 2.405 euros.
Nun comunicado, o Concello de Oleiros recordou hoxe a todos os veciños deste municipio a existencia duna ordenanza municipal que regula o tránsito e tenencia de animais de compañía ademais da lei existente a nivel nacional.
Esta norma ampara a protección e os dereitos dos cidadáns ante a presencia de razas perigosas incluíndo tamén a prohibición de abandonar na vía pública calquera tipo de animal, especialmente en especies catalogadas como perigosas polo risco que supón para a cidadanía.